Este
libro de Marcos Calveiro resultoume moi entretido. O feito de podelo ler con
tempo e sen apuro resultoume máis interesante que o propio libro. Ao velo nunca
me imaxinei que tratase de algo así.
O papel que máis me chamou a atención foi
o do rapaz que viaxa onda a súa tía, xa que aínda sendo un adolescente tense
que enfrontar a moitas dificultades como non ser admitido pola sociedade rural
que alí había, soamente por vivir nunha cidade como París. A situación máis
complicada a que se enfronta é a morte de alguén que xa supoñía algo para el,
xa non eran só axudante e pintor, eran confidentes uns dos outros porque
Vicent lle contaba como se sentía despois de non ser consentido no amor.
Os
bonitos encontros amorosos entre el e Adeline tamén me gustaron bastante. Este
libro foime moi sinxelo de ler e gocei coa lectura.
Sen comentarios
Publicar un comentario