A verdade é
que non estaba moi segura de se me ía gustar. E teño que dicir que me encantou.
Creo que
todos nós deberiamos observar o mundo coas “gafas violetas”, como fixo Carlota
tras a proposta da súa avoa.
Teño que
resaltar que non nos damos conta da cantidade de situacións que se ven a
diario nas que a muller é discriminada. Simples comentarios que, talvez,
analizamos, costumes que nos parecen do máis normal. Quen se inventou que, en
asuntos amorosos, o rapaces teñen que tomar a iniciativa? Por que o azul ten que
ser a cor dos nenos e o rosa o das nenas? Por que está mal visto que choren os
nenos? E por que non poden mostrar que teñen medo? Por que é máis importante o
aspecto físico das rapazas que o dos rapaces?.
O diario de
Violeta é unha guía que nos invita a reflexionar sobre a situación da muller no
mundo actual.
A avoa e a
nai de Carlota considéranse feministas, pero non radicais, son mulleres que
loitan pola igualdade entre ambos sexos e, desta maneira, intentan axudar a
Carlota a comprender un pouco máis a situación, invitándoa a poñerse as gafas
violetas.
Este libro recoméndollo a tod@s, tanto a mulleres
como a homes, porque aínda que se trate dun libro narrado por unha rapaza de
catorce anos, non é para nada infantil e, tampouco, exclusivamente para
adolescentes.
Sen comentarios
Publicar un comentario