Ao comezo deste libro pensaba que ía ser o típico
aburrido que non ten una historia principal a seguir polo que me desilusionei
un pouco pero a pesar disto continuei léndoo e non me arrepinto nada, xa que
igual que o xiro que tivo a vida dos personaxes para min esta novela cambiou
moito.
En especial quero destacar un personaxe que aparece
pero é coma se non o fixera, Ánxela, a muller de Luís porque grazas a ela a
frase ten un sentido, os personaxes coñécense e así as súas vidas cambian por
completo.
O que fixo que este libro terminara de conquistarme
foi a capacidade de enlazar as cousas que ten por exemplo, que Amanda e Ánxela
coñecíanse de antes, cousa que non me esperaba.
Sen comentarios
Publicar un comentario