Comentario de Christian Oro
Mareas negras
Rafael Lema
Edelvives
O
libro é unha auténtica reflexión
do naufraxio do Prestige. Un grupo de rapaces ven como a súa vila padece uns dos maiores
atentados terroristas á natureza, á vida e á forma de vivir dun pobo.
Onde
as iniciativas populares ían sempre diante da administración.
Os
rapaces sacárona coas súas propias mans
moreas de fuel, de xurro pestilente << Becho recollía fuel na praía >> (p.94). Os técnicos
discutían sobre que facer co barco, se
traelo á ría ou sacalo fóra. Mentres os rapaces loitaban para atrapar os animais
que non se deixaban, para limpalas e liberalas da morte. << Ana, Helena,
Peces e Lis preguntaban a Tico se aquilo
se podía salvar >> (p.103).
En
resumo, máis que unha novela é unha crónica, unha exposición da traxedia que
sofreu Galicia e que a súa lectua debe valer para que nunca máis volva ocorrer.
Sen comentarios
Publicar un comentario