Comentario de Mario Silva Canda
O libro As mil e unha noites
foi un libro que me gustou bastante xa que trae unha gran recompilación
dalgunha das historias que máis me gustan , como por exemplo : Alí Babá e os
corenta ladrons , O pescador e o xenio ...
Pero a historia que máis me gustou foi As tres mazás , xa que
conta unha historia bastante enrevesada , comeza contándonos que o gran califa Harún al-Rasid , vai co seu visir Yafar
o barmequí , pola cidade para ver como lles vai aos seus súbditos , cando atopan a un pobre pescador ao que lle din un novo sitio para votar as
redes de pesca , e así o fai ao día seguinte volven onde votaran as redes , e
atopan un cofre no que hai unha muller despedazada , o califa enfadadísimo co visir dille que
como non atope ao asasino en tres días matarao , e non o atopou e cando ia ser
decapitado apareceu e contou a súa
historia e o visir tivo que buscar ao responsable do crime que resultou ser o
seu escravo persoal , polo que decide falar co califa , que comprende o por que do que fixo o escravo, e perdoulles a vida a todos.
Persoalmente este libro encantoume
xa que conta varias historias moi boas, e decidín darlle unha puntuación
8,75 sobre 10.
1 comentario:
Este libro pareceume moi interesante, porque aparte de contar moitas historias, tamén conta cousas relacionadas con reis e a cultura árabe.
A estrutura desta novela é un pouco complicada de entender, porque cando Sahrazad estaba a contar unha historia, dentro desa historia comezaba outra.
No libro trátase o tema da infidelidade e da inferioridade que tiñan as mulleres naquel entonces.
Ao final gustoume que Sahriyar, o sultán, lle perdoará a vida a Sahrazad despois de mil e unha noites.
A personaxe que máis me gustou foi Sahrazad, porque foi moi lista e así puido sobrevivir ao sultán.
Publicar un comentario