As mil e unha noites
Vicens Vives
Vicens Vives
Esta selección de Brian Alderson pareceume do máis interesante pero, por
desgraza, máis pola estrutura que polo contido.
É verdade que si que houbo contos que lograron sacar de min esa inxenuidade
que eu esperaba deste libro, pero eu ao ter persoalmente esa expectativa
que tiña del a lectura converteuse nun pouco custosa e, nalúuns momentos, nada
gozosa como debe ser sempre. Esta custosidade creo que tamén foi influída pola
gran cantidade de nomes estranxeiros que hai nos diversos contos. Sei que é
unha cousa que non se pode cambiar como tamén lle pasaría aos de Madrid se
lesen un libro con nomes propios de Galicia.
O que comentaba anteriormente da estrutura pareceume o máis
sorprendente de todo o libro pois o feito de ter un fío condutor como é a
historia entre Sharazad e o rei Shariyar e o plan que as dúas irmans traman
para entreter ó gran rei para que este non a execute.
Principalmente os contos que máis me gustaron foron: 1º, o dos dous homes
que pelexaban por unha taleiga que ó final resultou que non era de ningún dos
dous e tamen o de "Ali Baba e os Corenta Ladróns" onde a criada
sorprendeume moitísmo salvando unha e outra vez a Alí Baba da morte por man dos
corenta ladróns.
En definitiva, foi un libro que non volvería a ler por vontade propia e que
me deixa un recordo algo amargo cun pequeno toque de dozura por esa estrutura
tan interesante.
Deixando atrás o libro quero mencionar os meus grandes parabéns cara a
Brian Alderson por este labor que fixo nesta selección de contos e tamén
sen ter en conta se lle saíu ben ou non.
Sen comentarios
Publicar un comentario