As mil e unha noites
Vicens Vives
Vicens Vives
“As
mil e unha noites” é un libroo que contén 18 historias, cada unha dentro da
anterior. Algúns relatos teñen unha estrutura complexa na que cada conto inclúe
outro no seu interior, coma as bonecas rusas. En cada conto un personaxe decide
narrar un relato cando percibe que o relato ten algún parecido co seu caso
persoal.
O
libro empeza contando unha lenda na que o rei Shariar descobre que foi traicionado pola
súa muller tendo un amante. Este, enfadado, matou aos dous. Durante tres anos foi matando mulleres
e causando o terror no reino ata que unha bela e astuta filla de Sherazade, o ministro,
di que ten un plan para acabar con iso. O plan consiste en
contarlle contos todos relacionados durante mil e unha noites até que, ao
acabar, o rei Shazar decide non matala porque o pasou ben con ela e entendeu
que non debería matar a todas a mulleres por culpa dunha soa.
Este
libro non é que me gustara moito, pois houbo alguna historia que non entendín
coma: “O conto de Yafar o barmequí e o beduíno enfermo” ou “As tres mazás”, e
outras historias eran aburridas coma: “A fábula do lobo e a raposa” ou “A
fábula do rato e a doncela”. Aínda que a pesares de non me gustar ensináronme
algunha cousa como a perdoar ou a non facer o que non me gustaría que me fixeran…
As historias que
máis me gustaron foron a de “O pescador e o xenio”, “Alí Babá e os corenta
ladróns” e “Aladino e a lámpada marabillosa”. Por outro lado, as que menos me
gustaron foron “O conto de Yafar o barmequí e o beduíno enfermo”, “Miña xoia e
o seu asno” e “As tres mazás”.
Este
libro recoméndollo a nenos de 11 ou 12 anos porque ten historias fantasticas.
Sen comentarios
Publicar un comentario