As mil e unha noites
Vicens Vives
Vicens Vives
Este libro teño que dicir que me pareceu un pouco aburrido, tardei
quizás en conseguir entendelo xa que antes de rematar unha historia xa comezaba
con outra e non foi o típico libro que comezas a ler e non das parado.
Cada
unha das historias que se contan ao longo do libro teñen unha ensinanza que ao
fin e ao cabo iso é o que importa cando les un libro. Nesta
historia o rei Sahriyar é traizoado pola súa esposa por
ser infiel, a partires dese momento o rei cada día casase cunha muller e ao
final rematas matándoas.
Debo salientar
que a actidude de Sahriyar non me gustou porque non todas as mulleres somos
iguais nin actuamos da mesma maneira e tamén poden ser eles os infieis.
Sorprendeume
moito o final porque o rei decátase que a súa muller non fora infiel e decide
perdoarlle a vida un detalle precioso por parte de Sahriyer despois de todo o
que fai ao longo da historia.
Sen comentarios
Publicar un comentario