ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/05/15

As mil e unha noites

Comentario de Alberto Blanco Iglesias

 
 
As mil e unha noites
Vicens Vives
 
 
As mil e unha noites foi un libro que non me chamou a atención de maneira especial porque houbo contos que me gustaron, pero outros que non me interesaron.
Para min as mellores historias foron: “Ali Babá e os corenta ladróns”, “Aladino e a lámpada marabillosa”, “O miñaxoia e o seu asno” xa que as coñecía dende pequeno a través de películas e contos tradicionais.
A parte negativa deste libro sería o resto de historias porque unhas veces os nomes resultaban difíciles de recordar, e outras as historias complicábanse demasiado e facían perder o fío da historia.
Finalmente eu destacaría o derradeiro conto “As mil e unha noites” xa que Sahrazad despois de mil contos e mil noites consegue salvar a súa vida demostrándolle ao rei Sahriyar que lle será sempre fiel.
En conclusión, foi unha obra que non me atraeu demasiado e non conseguiu engancharme totalmente.

Sen comentarios