As mil e unha noites
Vicens Vives
Vicens Vives
Deste clásico da literatura mundial
gustáronme bastante algunhas historias pois eran curtas e sinxelas de entender;
pero outras non tiñan nin pés nin cabeza baixo a miña opinión. É unha obra coa
mesma estrutura á obra de Don Xoán Manuel, ``O Conde Lucanor´´ que xa limos en
castelán.
Nesta obra cada historia non ten nada
que ver coa anterior, pois unha fálache dun rei árabe que tiña un falcón e
outra de como Aladín atopa a lámpada máxica. Pero pódese dicir que todas tiñan unha ensinanza ou moralexa.
No que a min respecta este libro é
bastante pesado de ler pois ten moitas das historias difíciles de entender e
tamén como xa dixen con anterioridade, ningunha historia ten que ver coa
anterior. O bo do libro é que aprendemos anécdotas tradicionais da cultura
islamista e tamén nos ensina cousas para a nosa vida cotiá.
1 comentario:
Pareceume un libro un pouco complicado de ler, pola súa linguaxe complexa e o seu comezo que non me gustou pero que a medida que o les faise entretido polas accións rápidas e interesantes .
Gustoume a súa estrutura porque cada relato tiña a súa propia historia, os seus ambientes exóticos e coloridos, tanto como os personaxes e os dramas que presentan.
O libro está cheo de imaxinación e fantasía pero segue sendo, ou iso creo, unha lectura máis adecuada para adultos.
Publicar un comentario