As mil e unha noites
Vicens Vives
Vicens Vives
As mil e unha noites conta a lenda de que na antiga Persia
o rei Shariar descobre que foi traicioado pola súa muller tendo un amante.
O rei enfurecido matou ós dous. Durante tres anos vai
matando una serie de mulleres novas causando o terror no reino.
Ata que a bela e astuta filla de Sherazade, fillo do primeiro
ministro di que ten un plan para acabar con esa barbarie.
En resumo, unha muller que contando historias logrará salvar a vida e o amor do rei cada noite.
As mil e unha noites é unha fascinante historia inventada e
preservada na tradición oral polos pobos árabes de Persia e a India.
Extremadamente habilidosa no xeito de contar, a protagonista
consegue, ao final do libro, salvar ó seu reino e transformar o pensamento do
seu home.
O que máis me gusta é a riqueza de personaxes, as viaxes de
Simbade, as aventuras de Aladim, Ali Babá e os corenta ladrón,s polo enredo
envolvente e polos acontecementos sorprendentes. Son sempre viaxes a unha
especie de paraísos, unas illas desertas con árbores frutais, lugares paradisíacos.
A obra está indicada para lectores de todas as idades pero principalmente para mozos ávidos
de aventuras. Inclúe contos, historias de amor, de relixións musulmáns, etc.
O seu autor non pode ser atribuído a unha
persoa soa, porque ten moito de tradición oral.
Como conclusión, poderíamos dicir que esta obra ensínanos
como existen persoas que cometen erros e dano ós demais pero que pode cambiar
de parecer se alguén os axuda.
1 comentario:
O libro dás mil e unha noites gustoume moito. Pareceume un gran libro dado a que case todas ás historias orientais que coñecemos proveñen dese libro.As historias contadas achégante a cultura oriental, a súa relixión e a súa forma de entender o seu libro sagrado,o corán, así como a súa mitoloxía. Grazas a este libro puiden ver como eran as historias de Ali Baba e os corenta ladròns ou Aladino e a lámpada màxica antes de seren modificadas por Disney. A pesar de non ser ser tan famosas a min gustáronme tamen ás tres mazas ou o falcón leal.
Publicar un comentario