As mil e unha noites
Vicens Vives
Vicens Vives
Eu xa lera
unha adaptación deste libro cando era máis cativo. Tanto me gustara que o
degustaba unha e outra vez sabendo o que ía pasar, mais agradábame recordar as
aventuras que lle sucedían a cada quen. Foi para min unha sorpresa cando souben
que debía ler este libro, xa máis completo, polo que me permitiu
lembrar vellas historias xa esquecidas na miña mente e avivar o desexo de
volver ler o meu antigo libro e comparalo con este novo. Podo asegurar que a
maioría das historias concordan pero no antigo están contadas unha tras outra
sen unha historia principal e no novo podes atopar esa historia principal que
en certo modo dálle xeito á sucesión de relatos. Todos os relatos son
moralizadores e invítante a reflexionar, xa sexa mediante fábulas, historias
graciosas, grandes viaxes... Non podo pórlle pega a todas eses relatos que me
acompañaron durante a infancia e que para min significou moito lembrar.
Sen comentarios
Publicar un comentario