Comentario de Anxo Gil
Harry Potter e as Reliquias da Morte
Rowling, J. K.
Galaxia
Un dos meus libros favoritos, rompe coa
monotonía que se repetía en anteriores partes da serie, pois Harry debe abandonar
todo canto quería para afrontar unha misión imposible, atopar as partes
divididas de Lord Voldemort. O peche final da historia remata, tras moitos anos
esperando, coa loita final entre ambos os bandos. A literatura en galego, pese
a gustarme, non me termina de gustar en Harry Potter, pois mostra un lado
negativo do galego, poñendo expresións vulgares do galego, ademais de que os
nomes ingleses son traducidos literalmente ao galego, facéndoos ridículos.
Aínda así, a historia segue sendo a mesma, e seguirá facéndome imaxinar mundos
fantasiosos, onde todo é posíbel.
Sen comentarios
Publicar un comentario