Comentario de Miguel González Taboada
O centro do labirinto
Agustín Fernández Paz
Xerais
Este libro
gustoume moito, pero hai un punto no que se volve moi previsible. A
acción está ambientada nunha época futurista e iso , polo menos para min,
é un acerto; nel está moi ben descrita unha das posibilidades que pode tomar a
humanidade. Este libro de Agustín Fernández Paz é un gran texto que trata sobre
a evolución humana, a emigración, as traizóns e o namoramento.
É unha
verdadeira pena que Agustín non pensara facer un falso atentado contra Walter
para que non se sospeitara del, así duraría máis o libro, ademais despois
de que fixeran o atentado contra Sara é non facer outro antes contra o
amigo o libro volveuse moi predicible, pero a pesar deste pequeno erro o
libro é moi bo.
Gustoume que
houbera tres narradores diferentes en primeira persoa, pero o que de verdade me
chocou ao acabar o libro foi a transformación de carácter que sufriu
David desde que coñeceu a Brenda.
Este libro
está cheo de imprevistos e reviravoltas ata que, coma xa dixen antes, realizan
un atentado contra vida de Sara; despois deste suceso estás tan metido no libro
que só queres saber como acaba.
Eu
persoalmente recoméndoo, porque e moi interesante, fácil de ler e ensínache
cousas da cultura galega.
Sen comentarios
Publicar un comentario