Este libro pareceume interesante porque o protagonista
fala cun nivel coloquial que te envolve ata o final da historia. Gústame a
palabra “Voçê” e a expresión “Voçê toleou?” que dixo Cora, que levan na miña
cabeza moitos días.
Trata maioritariamente da loita entre dous grafiteiros (aínda que hai outro máis) que loitan por ver quen é o rei da cidade.
O que máis me gustou foi cando Reo bombardeaba a cidade con potas, pezas e demais. Pero houbo algo
que non me gustou: o final. Non entendín por que Chagui morreu.
En xeral, recoméndollo a outras persoas interesadas pola
lectura así como polos temas da sociedade.
Sen comentarios
Publicar un comentario