Sergio Klein
Xerais
Sergio Klein, na súa novela Poderosa,
publicada pola editorial Xerais, relátanos a historia dunha rapaza chamada
Joana que soña con ser escritora. Nun momento da súa vida todo cambiará grazas
á literatura.
Joana sente que grazas os seus
escritos o seu pasado cambiou para mellor. Isto lévaa a pensar que a través da
escritura pode cambiar o seu presente.
O personaxe
principal é Joana. Os secundarios son a avoa, Nina, os pais de Joana, Xandi,a
mestra e algúns compañeiros da súa clase.
É a primeira novela que
leo de Sergio Klein. Outras publicacións deste autor son a segunda parte de Poderosa
e Un esqueleto inquieto.
Este libro resultoume
bastante sinxelo de ler, xa que trata de acontecementos dunha rapaza máis ou
menos da miña idade, onde os sucesos que lle ocorren poderían chegar a ser unha
situación da vida real. O léxico resultoume moi fácil de comprender o que
axudou a que a lectura fora máis levadeira e entretida.
Sen comentarios
Publicar un comentario