"Gárgola", un nome que con só lelo, case me da
un calafrío, pero á vez resúltame atractivo.
Este libro está cheo dun gran misterio para min, onde
parece que se mestura a realidade con fenómenos, non sei se sobrenaturais, pero
si, inexplicables.
No momento que empecei a ler comprendín que calquera
rapaz se podería identificar co protagonista, xa que todos temos soños que en
certos momentos nos aterran, pero no libro vai máis alá, xa que todos eses
soños non só parecen soños senón que se converten en situacións reais que levan
ao protagonista a situacións moi extremas, moi difíciles de explicar e
comprender para calquera rapaz.
Durante o tempo que lin o libro tiven sempre unha gran
tensión, non me podía imaxinar o que ía sucedendo, dábame como terror, pero
unha gran ansia por saber o que pasaba.
O seu fin resultoume por un lado real e por outro
incrible, non sei se era o que eu esperaba, pero comprendín que o cariño que
teñen os pais e os fillos faise máis forte nesas situacións limites.
Sen comentarios
Publicar un comentario