Reo é un libro que ao principio parecía algo aburrido pero co paso dos
capítulos empezoume a gustar; se cadra porque a Reo lle pasan
cousas que se poden comparar coa vida real. Os nosos pais secadra non nos deixan
ter afeccións que para eles son descoñecidas ou non lles gustan polo simple
motivo de que non nos metamos en problemas.
O transcurso da historia engancha
cando a Reo o atrapa a policía por primeira vez. O libro fálanos tamén dos problemas da droga ao consumir en
exceso e ponnos de exemplo a Changui. O que si, o final gústame porque déixate coa
dúbida de quen é Oni, que pasa con Cora e Reo, déixanos que utilicemos a nosa
imaxinación. O que si personaxes como o pai, o avó e Nico poderían aparecer algo máis
na historia.
En resumo, o libro poderíao recomendar ler aos meus coñecidos porque a min
gústame e relaciona cousas coa vida real.
1 comentario:
Para mín este libro sería coma outro calquera pero non me gustou moito xa que ata a
metade sólo falaba da vida de Reo mais dos Grafitis.
Pero outra cousa que me gustou moito foi que en diversos momentos o autor deixa ao lector con esas ganas de saber o que pasa nese momento e interésa saber o que pasa.
O final deste conto é un final aberto polo que a mín encántoume xa que che deixa intriga polo que vai pasar despois.
Publicar un comentario