Pode que
este libro de Ledicia Costas quixera reflectir unha realidade que viviron os nosos antepasados, penso que o
libro vén inspirado na guerra civil de España. Aínda que tamén pode que erre
e a autora non queira facer referencia a iso, mais nese caso o libro segue a
ter semellanza con esa fase da historia de España na que se deron moitos
“paseos”.
Esta crónica namoroume pouco a pouco, penso que cativou a todos, a
pequena Nube, pero en especial o albino que chegou a amala, coa palabra amor
non me refiro a que se namoraran, non, nin moito menos, refírome a tal cariño que Mum
estaba disposto a morrer con tal de que
a meniña Alma continuara viva, tal amor que foi quen de salvar a Mum dándolle
ás para voar, escapar do recinto e fuxir xunto cos demais.
Isto, que xa
contei, non forma máis que unha pequena
parte do que o libro é, posúe amizade, unión nos momentos difíciles para escapar
do recinto e sobre todo de superación. Laméntome das penurias que tiveron que
pasar. Porque ás veces eu abrigado teño frío e sobre todo
láiome de que lle quixeran roubar a
identidade. Non podo dicir máis nada senón positivo e recomendo lelo.
Sen comentarios
Publicar un comentario