Comentario de Paula Vázquez Vázquez
O Mundo De Ben Lighthart
Jaap Ter Haar
SM
A min este libro encantoume porque che axuda e faiche
ver a vida doutro xeito, a mirala con outros ollos. É a primeira vez que leo un
libro que enfoca a vida doutra maneira e pareceume espectacular poder ler un
libro no cal tes que comprender a vida sen poder ver, cousa que custa moito e
tamén che pode axudar a comprender as emocións dos demais aínda que non os
coñezas, porque non fai falta ser unha persoa cun bo fisico e diñeiro para poder
ser unha das mellores persoas. Lendo este libro mergulleime completamente nel e
púxenme na pel do protagonista, porque xa fose baseado nunha historia real ou
nunha imaxinaria, pódese comprobar perfectamente como a historia lle pode
ocorrer a calquera e se a les saberías como superar mellor estar noutro mundo,
tanto cego, xordo ou calquera outra discapacidade que poidas ter.
A parte, está
baseado na historia dun rapaz máis ou menos da nosa idade e tamen che ensina
que hai que andar con ollo, porque calquera accidente pódeche cambiar a vida
totalmente, e a actitude que adopta o protagonista paréceme axeitada para
tratar con persoas de idade superior á súa, o cal é boa referencia para
algunhas persoas.
Simplemente, que me gustou moito e fíxome ver a vida con outra
cara introducíndome na pel do protagonista.
Sen comentarios
Publicar un comentario