Comentario de Nerea Álvarez González
Reo
Xesús Fraga
Galaxia
Este libro non me gustou porque o tema do que
trata non me chama a atención. A súa forma de ilustrar o que pasa non me atrae porque aínda
que o vocabulario era fácil, as expresións que utiliza custáronme entendelas xa
que as frases e oracións eran como complexas.
Este é un libro que trata sobre o
enfrontamento entre varios rapaces que se dedican ao grafitti e que se enfrontan
por ser os mellores grafitteiros da súa vila ou cidade. O que menos me gustou de
todo foi como explicou o enfrontamento de Reo co primeiro rapaz ao que
encarceraron por facer pintadas nun buque de auga. Non me gustou como
representou ese enfrontamento porque o único que describía eran os grafittis do
contrincante de Reo, en vez de tamén describir a obras de Reo. Gustaríame
que describise as obras de Reo xa que ó ser o protagonista, de tratado
prestixio no grafiti, non decribiu ningunha das súas obras.
En xeral, non me gustou nada o libro porque os
temas de loita entre grafiteiros non me gusta pero é que nesta historia as
expresións que utiliza o autor non me gustaron nada.
Sen comentarios
Publicar un comentario