Comentario de Christian Oro García
Fantasmas de luz
Agustín Fernández Paz
Xerais
Este libro trata sobre problemas
da actualidade e tamén fai referencia ao cine. A referencia que fai a este é o traballo de Damian na súa cabina de
cine "Soñadores". Os problemas que trata sobre a actualidade son o paro e a crise:
despois de trinta e cinco anos de estar traballando bótano da empresa e queda
no paro, e debido á crise e a súa idade non dá encontrado traballo. No libro tamén
aparece a invisibilidade que se refire a
que as persoas que teñen moitos anos xa non poden facer cousas como as outras
persoas e quedan como se foran invisibles.
O libro gustoume, só que hai cousas que non entendín moi ben
porque mesturaa moitas cousas xuntas.
Sen comentarios
Publicar un comentario