Este libro é unha obra feminista
espectacular que relata situacións que ocorren en moitos sitios e, de feito,
seguramente coñezamos algún caso semellante aos que se narra.
Penso que o deberían ler todas as persoas,
para así decatarse do que sucede na actualidade con moitas mulleres. Que non se
valoran por como son e polos seus coñecementos, senón polo seu físico. Así, por
ser coxa ou ter un físico bastante voluminoso, míranas de forma diferente e
búrlanse delas.
Cando a profesora mo deu e vin o
título e a súa portada, pensei que non me ía gustar moito, pero é un libro que
te fai reflexionar sobre a situación que pasan moitas mulleres hoxe en día. Son
infravaloradas e por iso, as primeiras que se teñen que valorar e querer son
elas mesmas, e así despois, demostrarlle á xente que non confiaba nelas, que
loitando e perseguindo os seus obxectivos, poden triunfar.
Os relatos destas seis mulleres
fixeron que me decatara da desigualdade que existe na sociedade e de que hai
que saber actuar fronte a esa desigualdade. Estes relatos son
diferentes pero moi parecidos á vez, xa que grazas á amizade que entablaron no
club, sacaron forzas para loitar a un presente que as nega ou minusvalora.
Todas as historias fanche
reflexionar e todas son situacións que podes ver hoxe en día ao saír á rúa.
As historias que máis me gustaron
foron a de Rebeca, Fernanda e Luz.
Porque no caso de Rebeca todos a
consideraban unha loira tonta por ser guapa e ter as medidas perfectas. Ela
mesma decatábase de que moitas veces a facían pasear para podela observar, e só
lle daban o posto de secretaria, sen tan sequera saber os coñecementos dela,
pero grazas á axuda das mulleres que formaban parte do club da calceta conseguiu
montar unha empresa para axudar as mulleres, da que tamén formaban parte Luz e
Anxos.
Fernanda pareceume un exemplo de
superación e de esforzo; onde aprendín que ninguén ten barreiras e que se se
propón algo pódese conseguir.
Por outra parte gustoume moito a
actitude do seu marido, Xan, que tiña nela unha confianza cega e sempre estaba
dándollle ánimos, ata tal punto de botar unha semana cunha perna atada para
demostrarlle que non lle importaba que fora coxa e saber como se vivía ao ter
unha soa perna.
E grazas a historia de Luz
comprendín que aínda que haxa xente que sexa prostituta, a maioría non é que
se dediquen a iso porque queiran, senón porque as obrigan. E non por iso
debemos miralas coma se fosen xente rara, xa que hai moitas que non poden saír
deses clubes e métenas no mundo das drogas e a saber que fan con elas. Pero
Luz conseguiu saír de alí, e a pesar de ser case analfabeta comezou a escribir
todo o que ela imaxinaba ao cerrar os seus ollos, grazas ás do club da claceta.
Por iso, como no final do libro:
Un brindis polo club da claceta !
Deste libro quédome con que nunca
debemos darnos por vencidos e que sempre debemos loitar e traballar en equipo,
xa que así podemos conseguir os obxectivos de forma máis sinxela. Como di o
refrán: “A unión fai a forza”, por iso, se nos axudamos entre nós, podemos conseguir
os nosos propósitos.
Recoméndoo sen dúbida, xa que
me parece un libro moi interesante e que debería ler todo o mundo, para
desfacer esta sociedade machista.
1 comentario:
O club da calceta é un libro que nos ensina á perfección o machismo que houbo e hai aínda hoxe en día.
Pareceume moi orixinal por parte de María Reimóndez o feito de que os títulos de cada capítulo fosen pezas que, ó fin, non só formasen un xersei, se non que formasen tamén unha gran amizade entre as nosas protagonistas.
As dúas historias que máis me conmoveron foron a de Luz, xa que foi obrigada a prostituírse dende os 14 anos, e levou unha vida dura, con malleiras, etc.
A outra historia é a de Fernanda, que sen unha perna tivo que loitar e vivir. Cómpre dicir tamén a sorte que tivo co marido que encontrou.
A novela deixa unha envidia sana desa boa amizade destas seis mulleres, que de verdade, calquera persoa precisa.
Publicar un comentario