Gárgola
foi un libro que me fixo traspasar as tapas deste e poñerme na pel de Jemy,
sentindo os seus medos e soñando o seu soño. Pode que a historia se faga
interesante e non aburrida porque dende
a primeira folla aparece o enigma que ten que resolver, o soño. En realidade o
seu subconsciente só quere axudalo ante un perigo maior, tan grande que foi
quen de controlar a seu pai para que matase a súa nai e a súa irmán. Pouco a
pouco Jemy vai investigando, pero as persoas que lle axudan, cando está a piques
de desvelarlle o segredo, morren. O único que foi quen de axudarlle sen morrer
foi Circuito, un compañeiro de clase, bo na informática. O final sorprendeume,
esperaba un home, aínda que en realidade existía a gárgola de verdade.
Encantoume este libro.
Sen comentarios
Publicar un comentario