ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

02/01/15

Made in Galiza

Comentario de Laura Mariño



Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia

O libro gustoume moito, aínda que antes de lelo pensaba que trataría temas políticos nacionalistas... pero non foi así. Na miña opinión, o autor plasmou a relación do galego co castelán de forma moi sinxela e real. Trata varias historias que teñen en común un mesmo tema: a influencia do castelán sobre o galego. O autor logra que o lector poña interese neste tema, fundamental na nosa sociedade. 
Así mesmo, o relato que menos me gustou foi "O ladròn de palabras" que asemella a perda de palabras galegas con sarcasmo e humor. Creo que en Galiza, deberiamos falar o noso idioma, o que nos distingue do resto de españois... o que nos fai únicos e diferentes... Este tema trátase no libro, algunhas veces de xeito cómico, o cal non me gusta. 
Teño que rematar recomendando este libro aos meus compañeiros, pois fíxome sentir orgullosa de ser galegofalante e de nacer en Galiza.

Sen comentarios