ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/01/15

Cartas de Amor

Comentario de Mariña Castro Fontao


 

Cartas de amor
Fran Alonso
Xerais









Infinidade de libros, poemas e cancións tratan sobre o amor. Moitas veces véndennos o que non é, o "amor con photoshop", unha romántica relación tan ideal como irreal.
Cando comecei a ler Cartas de amor non pensei que ía atopar historias tan distintas e cativadoras.
Este libro consta de nove cartas de mulleres que escriben aos seus namorados, sendo isto un pretexto para descubrir as cruas situación das remitentes.
A vida mándalle adversidades, mais elas continúan fortes.
As miñas preferidas son O que nunca me preguntaches e Confesión, as cales considero as máis fermosas.
O autor ten moito mérito, ao meu parecer, por darlle vida a estas escritoras de cartas e por crear a súa realidade a partir das desgrazas máis variadas.
Pódennos parecer moi remotas, mais el fixo que as atoparamos moi cerca.
Este libro gañouse unha esquiniña no meu corazón.

Sen comentarios