
Comentario de María Rodríguez González
O neno do pixama a raias
Jhon Boyne
Faktoría K
O neno do pixama a raias é
un libro moi interesante, consegue embarcarte na aventura con Bruno
cando se muda coa súa familia, por certo, decisión que non
comparte.
Aínda que Bruno se adapta ben aos
cambios sofre coas decisións que toman os seus pais para mudarse de
residencia, por motivos de traballo. Seu pai forma parte do exército.
Sorpréndeme como Bruno a primeira
vista se deu de conta do malvado que era o ditador alemán.
Gustoume moito ver que nunha boa
amizade non ten por que afectar a ideoloxía política nin a relixión
como pasa aquí con Bruno e Shamuel. Bruno axúdalle moito ao seu
amigo, dáballe comida....., sempre a escondidas da súa familia.
Bruno quería descubrir que pasaba o
outro lado da alambrada, o seu pai nunca lle explicaba nada a pesar
de moitas preguntas que lle facía o seu fillo.
O seu mellor amigo, Shamuel, levoulle
un pixama de raias, para que o puxese e invitouno a que se camuflara
por un burato da alambrada no campo de concentración. Así o fixo.
Esa decisión faille pasar momentos moi malos.
1 comentario:
O libro de Jonh Boyne gustoume porque a verdade , aínda que non sexa un tema actual, sempre me interesei na guerra que hubo no seculo XX que troixo números desastrosos para a Humanidade.
Coma sempre a min o que máís e soe gustar é o final e neste caso non foi de menos. E podo dicir que este final non é coma outro calquera. Se algunha vez o ides ler seguro que case vos corre unha gota de auga pola cara.
Doulle a noraboa a este autor, que fixo unha gran novela. En comparación coa película creo que cambia nalgún aspecto pero aínda asi gustoume máis lelo e imaxinar o que estaba pasando.
Publicar un comentario