ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/12/14

Marxinados

Comentario de Carla González Silva


Marxinados
Pepe Carballude
Galaxia





Quizais este libro non fose un dos libros que máis me gustou de todos os que levo lido, pero si fai pensar que no mundo hai persoas que teñen un gran corazón, como é o caso do protagonista Vítor Antelo.
Neste caso Vítor fai unha gran labor traballando no mesmo lugar onde el fora criado e acollendo a nenos que non teñen familia ou a teñen e non se poden facer cargo.
O caso que me pareceu máis triste foi o de Noelia.
Todos os personaxes aparecidos nesta historia teñen actitudes totalmente distintas :
Sor Asunción era a superiora e a xefa, pero á mesma vez unha gran persoa.
Said era un rapaz que tivo sorte en canto a parella que se encargaba del as fins de semana pero cun pasado un chisco tristeiro.
Nuria foi a personaxe que menos me gustou en canto a súa actitude con Vítor aínda que ao fin resulta ser unha famosa reposteira.
Santi tamén foi un caso o cal me dou un pouco de pena respecto a súa enfermidade.
Román, irmán maior de Santi, era un rapaz moi intelixente.
Marta era educadora, compañeira de Vítor e a cal non lle gustaba ver discutir a Vítor e a Tomás.
Tomás era o adestrador do equipo de baloncesto ao mesmo tempo que era educador do orfo e ao  que non lle chistaba moito Vítor.
É un libro entretido que reflicte distintas actitudes e distintos casos que sofren nenos de orfos e tamén ensina a que podes axudar sempre que a vida cho permita e sempre haberá xente agradecida.
 

Sen comentarios