Esta historia de Birgit Schlieper e Nina Stahl resúmese en tres palabras
que son tristura, dor e bágoas. Creo que o mellor resumo para esta historia non
estaría escrito cun bolígrafo ou cun lapis, senón, con bágoas. Esta narración
faite reflexionar e poñerte no lugar de Nils e Helene, os protagonistas, que
sofren un cancro. Ao poñerte no seu lugar pónseche a pel de galiña e sénteste o
adolescente máis afortunado do mundo por non estar na súa situación.
A narración xa che dá a primeira patada no estómago, na primeira liña e tan
só con dúas palabras, Vas morrer! Estas palabras parece que che quitan as ganas
de seguir lendo pero a base de carraxe seguido da intriga que un ten por
coñecer o trancurso dos feitos, segues lendo.
No transcurso da historia aparece unha frase que di Helene, que me fixo
reflexionar moito e que posiblemente é unha das partes máis duras para os
lectores sensibles. A frase é a seguinte: "A morte é parte da vida e por
desgracia para nós, a vida e a morte están moi próximas e ese día pronte
chegará". Estas palabras crávanseche coma unha estaca no corazón e nos
teus sentimentos.
Helene e Nils parécenme un exemplo a seguir pola forma en que se axudan un
ao outro e sobre todo por como intentar levar a enfermidade con humor,
intentando non perder as esperanzas.
Cría que o final sería feliz pero non foi así.

Sen comentarios
Publicar un comentario