Cando lin o título do libro pensei que ía tratar dunha historia divertida
onde os mexillóns fosen os protagonistas, pero cando empezei a ler non era
así.
Eu penso que o tema do libro é algo que pode estar próximo a calquera de
nós, a calquera familia, xa que todos nalgún momento pasamos por esa situación
de preocupación, pero ten outra parte da que non se está tan cerca, debido a
que toda esa preocupación,ese sometemento, esa autoridade, ese temor, e ata esa
violencia e agresividade que se nota no libro, que calquera pode ter, se
converte en rebeldía ou liberación de algo, o cal me fixo entender que cada un
ten que vivir na familia que lle toca, pero en certos momentos todos buscamos
un lugar de escape, o cal nos fai sentir mellor nese momento.
Por outro lado o libro é pequeno, cunha linguaxe fácil de entender.
Con esta obra puiden reflexionar sobre o importante que é a nosa familia e como
pode chegar a influír na nosa maneira de ser e vivir.

Sen comentarios
Publicar un comentario