ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/12/14

Tardes con Margueritte

Comentario de Xosé Manuel Fernández
 

Tardes con Margueritte
Marie-Sabine Roger
Galaxia









Tardes con Margueritte o libro escrito por Marie-Sabine Roger é unha obra interesante e a súa vez divertida que nos dá unha lección sobre que a lectura non é tan mala como moitos pensan.

Pareceume moi divertido e fíxoseme moi curto grazas ao personaxe principal, Germain, unha persoa que me facía moita graza, non só pola súa forma de actuar, tamén pola súa forma de ser. Ademais cando na historia apareceu esa velliña tan feitiña como era Margueritte, decidinme a non soltar o libro ata rematalo.
Sorprendeume bastante a forma de actuar de Germain cando coñeceu a Margueritte, xa que realmente o único que tiñan en común cando se coñeceron foi que os dous contaban as pombas, e a pesar diso parecía como se Germain se namorase dende un primeiro momento dela, iso que Germain estaba cunha xove moi guapa.
Unha das personaxes que mais me gustou foi Margueritte, que fixo que Germain conseguise aprender máis sobre a lectura e o interesante que pode chegar a ser. Incluso fixo que el se afastase algo dos seus amigos simplemente para estar máis con ela.
A personaxe que menos me gustou foi a nai de Germain porque a pesar de que había momentos onde o defendera e fixese o mellor para el, a maior parte da súa vida pasouna tratándoo mal e insultándoo diante da xente. Esta actitude quizais se debe a que Germain naceu accidentalmente, pero durante o libro veremos que a historia cambia e fará que (para min dunha maneira demasiado inxusta) a vida lle pague co que se merece.
A pesar de que este libro sexa bastante divertido, hai partes do libro bastante tristes pero que non te desanimarán, xa que todas acaban ben e non te farán perder as gañas de seguir lendo esta espléndida peza e que eu recomendo a todo o mundo.

Sen comentarios