ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/12/14

Illa Soidade

Comentario de Cristina Costela Seara 


 Illa Soidade
 An Alfaya
Xerais





Este libro é un reflexo da realidade social que existe no noso país. Unha homenaxe a todas aquelas persoas que viven na rúa e cuxa única compañía é a soidade.   
Fíxome reflexionar moito, en todas aquelas persoas que viven na rúa, e que non teñen unha vida organizada como a maioría da sociedade. Que non teñen casa, comida, amigos, en definitiva, que están illados pola sociedade e discriminados por ser cómo son.
A súa protagonista Lucía, unha rapaza a piques de comenzar os seus estudos de xornalismo, narra a súa relación con Soa, unha esmoleira que vive na Praza dos Mistos. Relátanos a súa vida marcada pola paixón e pola soidade, pero que a súa vez nos demostra a autonomía persoal da que goza Soa.
Pareceume moi boa actitude a de Lucía, posto que grazas as súas charlas nocturnas Soa deixaba de ser “unha illa” e de estar soa, e volvía a terra, dándolle un pouco de luz na escuridade que reinaba na súa vida.
Este libro amósanos algúns dos estereotipos, por exemplo, de que a xente non se acerca a eles por vivir na rúa e este libro demostra que non porque vivan na rúa son malas persoas e poden ter un gran corazón. É  nós deberíamos facer coma Lucía, ser valentes, e a pesar do qué dirán, intentar integralos e facerlles a vida máis levadeira.  Porque Lucía ía falar con Soa ás agochadas, xa que súa nai non lle gustaba que os “sen teito” descansasen alí, na Praza dos Mistos.
Sen embargo hai que pensar que os indixentes, tamén teñen o seu propio espazo nesta sociedade, ainda que esta os queira silenciar,  porque cada unha destas persoas podenos ensinar outros valores e a súa forma de ver a vida.
Cando tiven por primeira vez este libro nas miñas mans e vin o título e a súa portada, pensei que ía ser un libro que non me ía gustar moito, pero a medida que ía pasando as páxinas, o seu contido ía sendo cada vez máis interesante para mín. Gustoume moito porque foi un libro, que me transmitiu moitas mensaxes e quedou grabado no meu interior.
 

Sen comentarios