ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/12/14

O inferno de Marta

Comentario de Noelia Blanco


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 



"O inferno de Marta" xira arredor dun problema que está moi presente hoxe. Por desgraza son moitas as persoas que o padecen día a día. É unha historia que me provocou impotencia nalgúns momentos polos feitos que se relatan xa que, ao acontecer na vida real, é máis fácil poñerse na pel de Marta e imaxinar como se sente.
Por outra banda, tamén me sorprendeu o libro de autoaxuda para o lector en canto ao principal problema que se trata en toda a obra. Pareceume interesante que se incluíra o libro para concienciar ás posibles vítimas.
Para rematar, é unha historia moi amena de ler e recoméndolla a aquelas persoas que, coma min, lle gustan as novelas que tocan temas da realidade; aínda que, neste caso, pareceume algo esaxerada en certos aspectos, sobre todo, o personaxe de Héctor que o encadra unha persoa extremadamente psicópata.

Sen comentarios