ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/12/14

O inferno de Marta

Comentario de MAría Rodríguez González


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
 



O libro narra a historia de como Marta está pasando por malos momentos, séntese moi baixa de ánimos. Hai pouco tempo que rompeu a súa relación co seu noivo.
Agora Marta coñece outro rapaz.
Marta non se deixa axudar polas súas amigas.

Despois de ler este libro axúdame a reflexionar como unha persoa pode estar tan cega, sempre perdoando, sempre xustificando. Agora entendo o dito: “O amor é cego”.
O título do libro xa nos está dicindo ese sufrimento longo  da protagonista.
A min sorpréndeme a facilidade que ten un maltratador para mentir ou inventar cousas e así conseguir o que quere.
Reflicte a violencia de xénero, por desgraza , vívese hoxe en día.
Este libro é fácil de ler. Recoméndoo.

Sen comentarios