O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Pasqual Alapont
Xerais
Esta novela chamada “O Inferno de
Marta” de Pasqual Alapont é un libro que, ao contrario dos anteriores, comezou a
intrigarme case desde o principio. Pouco a pouco vai
parecéndose máis e máis a vida, isto só é unha novela, pero reflicte dun xeito
fantástico o sufrimento doutras mozas que, por desgraza, cren que a vida e
coma un conto e que nunca pode ter un final que non sexa feliz, e á diferenza
deste relato, eses problemas non se resolven con pechar un libro.
A min,
persoalmente esta novela invítame a pensar
e reflexionar sobre o sufrimento de moita xente, que sen ningún motivo
vive o que explica cada liña desta composición, e a ensinanza que obteño desta
lectura é que nunca debes deixar de lado aos teus verdadeiros amigos porque
outra persoa te force a facelo, ninguén
pode decidir por ti, cadaquen é dono dos seus pensamentos.
Na miña
opinión, creo que o autor quere reflectir que non todo é tan bonito como parece,
ás veces hai persoas que se esconden tras outra personalidade para logo
manexarnos como se lle pertencésemos, e non é así, todos somos iguais e ninguén
ten poder sobre ninguén.

Sen comentarios
Publicar un comentario