ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/12/14

Made in Galiza

Comentario de Telmo García Castro



Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia
 
Este libro recomendoumo a miña profe de galego.
Agora entendo por que mo recomendou: quería que me decatara de que o galego precisa falantes para que como lingua non desapareza e non caia no esquecemento como lle pasou a outras grandes linguas.
Este libro crítica a actitude lingüistica da xente que non apreza o seu idioma. A obra de Séchu Sende paréceme interesante porque ten contos moi divertidos e moi elaborados. “O ladrón de palabras”foi o que máis me gustou polo seu argumento que resume perfectamente o que quere inculcar nos lectores: coida do teu e deféndeo. Tamén é moi orixinal o de “Madrith” porque fala con retranca sobre o que lle pasa o galego como se lle pasase ao español.
A min estes libros con contos diferentes non me gustan moito. Prefiro unha novela cunha trama toda seguida sen ter que cambiar de contido en cada un dos contos. Porén, recoñezo que esta obra é diferente e ten un encanto para todos os galegos.

O título xa o di: “MADE IN GALIZA”… ao que eu engadiríalle “TO THE GALEGOS”

Sen comentarios