Comentario de Xosé Manuel Fernández TaboadaCartas de inverno
Agustín FErnández Paz
Xerais
"Cartas de inverno" o libro escrito por Agustín
Fernández Paz é unha obra interesante e chea de intriga e misterios,
reunidos nunha simple casa.
Gustoume bastante xa que o
misterio é un dos meus temas favoritos. Pero a pesar diso houbo partes que non
me gustaron. Por exemplo unha das cousas que non me gustou foi que Adrián
moitas veces se comunicase con Xavier mediante cartas, aínda que ese é o tema
principal como ben indica a obra no seu título, é algo que me complicaba
engancharme ao libro. O que máis me gustou do libro foi o misterio en si que
agochaba a casa. Sorprendeume moito que Adrián a comprara simplemente porque
Xavier llo "propuxera" e tamén que Tareixa tardase tanto en
reaccionar despois das mensaxes que estaba a recibir do seu irmán.
Unha das cousas que me decepcionou bastante foi o final, xa que me esperaba
algo máis e non só a catástrofe que pasou na casa e a reacción de Tareixa
despois de atopar aquel libro.
Pero a pesar disto é un libro que eu recomendo ler xa que é moi
sinxelo de ler ademais de que ten unha historia bastante boa.
Sen comentarios
Publicar un comentario