ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/12/14

Cartas de inverno

Comentario de David González Sampayo

 
Cartas de inverno
Agustín Fernández Paz
Xerais





"Cartas de inverno" pareceume un libro moi interesante, entre outras cousas, pola súa acción e pola súa intriga acompañada de terror. Creo que ese toque de terror fai a historia máis misteriosa e interesante. Outro aspecto polo que este libro me encantou foron os temas policíacos das investigacions do inspector Soutullo.

Debo recoñecer que estaba lendo na miña habitación tan só cunha lámpada prendida e tiven que prender a luz do teito porque esta historia deume bastante medo, máis que outras historias de terror que teño lido, e eu pensaba que só daban medo as películas pero tras ler esta historia deime conta de que non estaba no certo. Os momentos nos que máis medo sentín foron esas chamadas á casa encantada de Adrián nas que se escoitaban voces que non se entendían, os cambios que se producían no gravado e, sobre todo, o momento no que Xabier baixa pola trampilla, ese foi un momento similar a cando ves un filme de terror e tapas os ollos coas mans, en determinados momentos, para non ver o que vai suceder.

Houbo un detalle na historia, que para moitos lectores seguro que pasou deapercibido, e ese detalle foi o regreso de Adrián á Terra Nai porque a pesar de estar no máis alto da fama, non se esquece das súas raíces.

O final da historia gustoume moito e non me sorprendeu, xa que unha historia de medo e intriga poucas veces remata como o de "Carapuchiña Vermella". Outro motivo polo que o remate desta narrración me gustou foi porque é un final cerrado no que se especifica como rematan os protagonistas.

Sen comentarios