ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/12/14

Cartas de inverno

Comentario de Raquel García





Cartas de inverno
Agustín FErnández Paz
Xerais





Este libro a verdade que me gustou moito, xa o tiven que ler con anterioridade pero volvino a ler outra vez para recordar mellor todo e non me importou  porque desde que o lin hai dous anos pasou a ser un dos meus libros favoritos.
   O máis destacable deste libro é que dende o momento en que empeza a parte na que Xabier lle manda un sobre a Tareixa cunha nota que pon que se nuns días non recibe noticias del que lle entregue ese sobre ao inspector, xa  quedas con ganas de saber máis, de continuar lendo.
As cartas que lle enviaba Adrían a Xabier contándolle o que lle sucedía naquela casa misteriosa de Doroña tamén espertaban a miña curiosidade sobre todo nas partes en que lle enviaba símbolos, palabras que descubría el no medio de moitas letras, as chamadas de ninguén, os faxes. Todo iso deixaba con ganas de seguir lendo. O que me pareceu moi curioso foi o libro que encontrou Adrián no faiado, o cal non conseguín saber aínda moi ben a relación que tiña coa casa.
   Quedeime con ganas de saber como sería a misteriosa criatura que se agochaba naquela casa.
   Os personaxes tamén me gustaron moito, sobre todo Xabier que foi capaz de redactarlle aquelas cartas á irmá e non fuxir de alí sabendo o perigo que corría só por descubrir o que lle pasara a Adrián e para que non lle pasara a ninguén máis.
   En conclusón que foi case o mellor libro que teño lido.

Sen comentarios