ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/12/14

Cartas de inverno

Comentario de Vanesa Lalín

 
Cartas de inverno
Agustín FErnández Paz
Xerais





"Cartas de inverno", un título que me atraia moito, pero que non tratou do que eu pensaba .
    Supuxen que sería unha especie de historia de amor, pero non, todo o contrari , era unha historia de  terror e misterio, con moitos enigmas por resolver .
    Empecei a ler, cada vez enganchábame máis, tiña curiosidade en saber o que alí naquela casa pasaba, por iso con cada páxina que pasaba esperaba que se fose aclarando algo, pero non era así .
 É unha historia fácil de entender, cunha linguaxe sinxela, aínda que non ten unha orde concreta no tempo.
    Non pensei que rematara desa forma, pero en realidade quedoume un pouco de esperanza de que os dous protagonistas aínda cotinuasen por algún lugar afastado.
   Todo isto levoume a comprobar que a amizade cando é  verdadeira non se detén ante nada  como no caso dos dous artistas protagonistas da obra .

Sen comentarios