O gardián invisible
Dolores Redondo
Xerais
Na miña opinión, é unha novela moi
entretida na que a protagonista, a inspectora Amaia Salazar, se enfronta ás
pantasmas do pasado a parte de investigar o complicado asasinato desas mozas.
Pareceume
un libro interesante, fácil de ler debido ao seu vocabulario e a pesar de ser
algo longo. Gustoume sobre todo a parte na que volve a súa infancia, o drama
que crea, case máis que saber quen era o asasino e como cometía os crimes, parecíame máis intenso, máis
misterioso por unha parte, saber o porqué de que una nai poida odiar a súa filla
ata o punto de intentar matala, e a sorpresa de ao final. Pero tamén creo
que a autora ás veces dá demasiadas
voltas para nada, sobre todo ao comezo dos asasinatos, cando non avanzan coas
probas e non pasan case cousas. Aínda así creo que é un libro entretido e bastante orixinal, porque aínda
que sexa una novela común sobre misterio e crimes inclúe outra historia
secundaría que tamén engancha.
Tamén me gustou que a autora introducira
mitos da cultura navarra xa que aprendín moitas cousas da súa tradición e da
súa lingua.
En conclusión, pareceume un libro moi
interesante e entretido que sorprende.
Sen comentarios
Publicar un comentario