ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/11/14

Amor de tango

Comentario de Laura Blanco


Amor de tango
Mª Xosé Queizán
Xerais





En xeral, paréceme que a historia que pretende contar pode ser entretida, cun vocabulario asequíbel e un transfondo de crítica e denuncia moi importante cara ás atrocidades da Guerra Civil e o pasotismo da sociedade. O seu contido paréceme orixinal, xa que para falar da Guerra Civil non é habitual adoptar a postura dunha rapaza adolescente, e isto fíxome contactar máis coa historia. Pero aínda así, creo que a novela é demasiado lenta; explícome: ó meu parecer ten un exceso de descrición que moitas veces non aporta datos importantes ou relevantes, polo que faise difícil engancharse ó libro e, en ocasións, seguir o fío da trama, xa que provoca que te perdas con facilidade. A pesar da “relatación” da historia, a súa trama paréceme interesante e resalto a mensaxe que a autora intenta transmitirnos.

Sen comentarios