Comentario de Gabriel González Lois
Era por setembro
Xabier Quiroga
Xerais
O libro resultoume interesante, xa que se trata dunha
historia cunha intriga que engancha e te mantén durante todo o relato en
suspense. Todo isto, aderezado polo contexto histórico da época, que ademais de
funcionar como fondo do escrito, proporciónache unha ensinanza e mostra como
era a sociedade naqueles tempos, na cal unha das cousas máis importantes dunha
persoa eran os seus ideais políticos, polo que as persoas opostas ao réxime
eran perseguidas e incluso asasinadas.
Dentro de todo isto, pódese engadir as pequenas reflexións
que a protagonista fai durante o transcurso da historia, que tamén son moi
suxestivas e nos levan a pensar en situacións que ocorren na nosa vida e que
poden resultar complexas de resolver, coas que sempre che quedan dúbidas, ou as
típicas preguntas de: e se houbese feito iso? Ou, E se non escollera aquilo?
Con todo, houbo pequenos fragmentos do libro que me
resultaron un pouco espesos, con isto quero dicir, pesados na lectura, xa que
ás veces facíanche perder o fío da historia, coma se fosen incisos dentro do
propio relato.
En
resumo, é un libro moi completo.
Sen comentarios
Publicar un comentario