Comentario de Tatiana Taboada Silva
A vitoria do perdedor
Carlos G. Reigosa
Xerais
A Vitoria do perdedor pareceume unha novela moi interesante e didáctica. Con ela afondei
nos meus coñecementos sobre a Guerra Civil e a Posguerra, e, unha vez máis,
reafírmome na idea de que con estas lecturas se obtén unha imaxe máis fiel e
máis próxima do que foi a nosa historia que a que nos mostran os libros de
texto.
En canto ao vocabulario, as palabras que
emprega o autor resultáronme sinxelas e cotiáns, de xeito que non tiven
problema para enteder o relato. Algunhas das expresións que Arcadio recordaba
do seu introdutor ao anarquismo, Sancho Conuto, gustáronme moito dado o seu
carácter reflexivo
Por outro lado, e poñéndolle unha pega,
teño que dicir que o fío da narración transcorre demasiado amodo, conta con
descrición de máis. Tamén botei en falta indicacións referidas ao tempo, xa que
non se soubo ata o final os días que
pasaran dende a estancia do guerrilleiro
en Valterra ata a súa fin en Santiago de Compostela.
Pero sen dúbida, o que máis me chamou a
atención foi ver como a violencia acaba coa ideoloxía de cadaquén e as
diferentes fases polas que pasou Arcadio: de ter como único propósito saír de
España para non ser capturado e evitarlles problemas a aqueles que o apoiaban,
deu un salto á vinganza, á necesidade de facer xustiza en Valterra, esa xustiza
que fracasara en España xunto cos seus idearios anarquistas. Ademais,
sorprendeume o poder da vinganza, que venceu fronte ao amor; non obstante, esa
vinganza era o disfrace da necesidade de deixar este mundo estando en paz
cun mesmo.
Para concluír, recomendaríalle esta novela
de Reigosa a calquera que lle gusten os relatos históricos.
Sen comentarios
Publicar un comentario