ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/04/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Alba Iglesias López


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais
 
 
Aínda que estou acostumada a ler máis doutros xéneros, este libro de Carlos Negro foi un dos que máis me gustou en poesía, a parte de que foi fácil de comprender e rápido de ler, reflicte moi ben como somos os adolescentes na actualidade e como cambiaron as cousas en tan poucos anos. Case todos os poemas de Penúltimas tendencias falan das rapazas, as roupas que están á moda, os piercings, as relacións de agora etc. Algúns dos que máis me gustou foi “Non teño ganas de ti“, “Operación Triúnfo”  e o autocuestionario “Es unha chica chic?”.
Recoméndollo a todas as persoas, sobre todo á xente nova, porque creo que se van sentir identificados coas cousas que relata este autor e para os que din que non lles atrae a poesía, este libro está moi ben e seguro que lles gusta e cambian de opinión ao igual que o fixen eu cando o rematei.

Sen comentarios