ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/04/14

Flanagan de luxe

Comentario de Lucía García Rodríguez


Flanagan de luxe
Andreu Martin, Jaume Ribera
Xerais




O comezo do libro non me gustou, xa que me custou coller o fío da historia. Pero, pouco a pouco,  enganchoume.
Os acontecementos dan xiros inesperados, que nunca eran como me esperaba.
Cando descubrín que todo fora unha broma de Erreá para Flanagan quedei impresionada, non o podía creer. Para o meu gusto, foi unha broma  moi pesada.
A seguinte broma (eu non a chamaría precisamente broma) foi  a do falso secuestro de Erreá para gañar diñeiro. Non lle importaban os pais, o mal que o debían de estar pasando pensando que podían matar ao seu fillo e el esperando polo diñeiro tranquilo.
Pero a broma de Flanagan para a cuadrilla si que me gustou. Quería mandalos á merda e iso foi o que fixo: botou laxante nunha bebida que consumiron e encerrounos nun ascensor.
As bromas, típicas da adolescencia, pero tamén doutras idades, poden ser divertidas para as víctimas e para o ideadores. Pero non sempre sucede así. Ás veces, as bromas non sentan ben, por iso antes de facer unha debemos pensar nas consecuencias ou como se vai sentir esa persoa.
Pareceume un libro bonito, intrigante ata angustioso na primeira parte e divertido na segunda. Non é monótono e animaría a xente a lelo para pasar un bo cacho.
 

Sen comentarios