Este libro conta con corenta e dous relatos nos que fai unha defensa da
lingua galega. A verdade é que a min gustáronme algúns relatos e outros parecéronme
aburridos, por exemplo, "Falar" é o relato que introduce este
libro e, realmente gustoume a forma na que denuncia como os pais lle falan
castelán os fillos pero entre eles falan galego; pero, por outra parte,
"SSSSSH" pareceume bastante aburrido polo feito de ter
tantas onomatopeas xa que, para min, fai que a protagonista teña un carácter
débil, retraído e como demostrando que non lle gusta a presenza de ruído ao seu
arredor. Relatos como "os homes das sulfatadoras" parecéronme
demasiado pequenos e sen substancia, é decir, sen intención e fóra de lugar.
Recomendaríallo as persoas que non tivese moito tempo para ler pero que lle
gustase.
1 comentario:
Este libro é unha honra para a lingua galega.Xa que hai que ter en
contaque a sociedade do momento non a está a usar moito,porque tira
para o castelán.Este libro gustoume pois honra a lingua na que eu e a
miña familia falamos.
Publicar un comentario