A Carlos Negro considéroo un dos mellores escritores de poesía galegos, xa
que os seus poemas son diferentes e innovadores, o que os fai especiais. Este
non é o primeiro libro que leo del e, sinceramente, non me defraudou. Creo que
a temática é unha denuncia cara as novas tendencias e tamén, cara os
estranxeirismos que pouco a pouco, invaden a nosa lingua. Algúns dos meus
poemas preferidos son "Casual look", "Non teño ganas de
ti", "A que sabe o amor?" e "Tatuaxe". Recomendaríallo
especialmente as persoas novas xa que, son as que mellor o van entender.
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 8 anos
Sen comentarios
Publicar un comentario