Este libro é o primeiro de poesía que leo, e Carlos Negro cambiou a miña opinión
sobre este xénero literario. Neste libro podemos ver que non ten porque ser
aburrida e monótona como todos (ou case todos) pensamos, senón divertida e coa
que podes pasar un bo rato.
Gustoume moito un poema en concreto, "Guapa y a la última", pola comparación
que fai entre ser guapa e vestir ben con falar con seseo e gheada.
Moi recomendable a todos aqueles que queiran pasar un rato agradable e
curto lendo, xa que o libro é moi fácil de ler e acábase moi rápido. Despois de
lelo, lerei máis de poesía sen dúbida.
Sen comentarios
Publicar un comentario