
Servicio de urxencias
Suso de Toro
Xerais
Servicio de urxencias é o segundo libro de teatro que leo e, como a
primeira vez, fíxome pasar un bo e entretido rato.
Este libro en concreto gustoume moito xa que trata dunha forma divertida os
problemas que teñen no día a día o celador, os dous doutores e a enfermeira, e
de como eles mesmos se toman os seus problemas dunha forma, canto menos,
cómica.
Ao ser un libro que está escrito como guión dunha serie da TVG trae as
caras dos personaxes na portada, o que axuda a que a comprensión sexa maior. É
un libro entretido e sobre todo moi gracioso, cunha acción moi interesante que
te mantén inmerso na lectura ata o final. Recoméndolle o libro a todos aqueles
que queiran pasar un bo rato e desfrutar da lectura.
Sen comentarios
Publicar un comentario